Acivro Xoias

A Artesá

Fotografía: Martiño Picallo

No obradoiro sinto o latexo da ourivaría compostelá nas miñas creacións de prata en pezas únicas, pequenas coleccións e xoias personalizadas que teñen alma, que xeran ilusións, que atesouran lembranzas.

Alfaias con identidade propia, atemporais, alleas ao ritmo vertixinoso das modas.

Escollín a ourivaría como medio de expresión artística.

Este oficio artesá, lento, comprometido cos usos tradicionais e os materias empregados, vai ligado á conciencia dunha filosofía de vida sostible, responsable co local, que tamén levo á recuperación doutros obxectos coma as culleres e culleróns antigos de prata, cunha intervención que lles confire  outra vida, agora coma brazaletes ou colares, mantendo a súa esencia. 

A cultura galega é o noso eixo fundamental, máis non excluínte. Sempre consideramos a lingua galega como o noso vehículo natural.

Fotografía: Martiño Picallo

Reutilizamos as formas de zapateiro para acompañar ás nosas xoias.

Fotografía: Ángel Sousa

Recuperamos apeiros de labranza para seren expositores

Os nosos valores fundamentáis son manter viva a tradición da ourivaría compostelá e potenciar e difundir a cultura galega.

A transmisión dos coñecementos entre xeracións crea a ponte entre pasado e futuro.

O primeiro destes valores reflíctese ao recoller a testemuña dos meus mestres, Julio Lado (Compostela, 1937) e Ricardo Rivas (Compostela, 1957) recoñecidos cos Premios Artesanía de Galicia á Traxectoria nos anos 2016 e 2020, respectivamente. 

Ambos pecharon unha época sendo os derradeiros ourives de rúas senlleiras: Julio no número 40 da Rúa do Vilar e Ricardo no número 7 da Rúa da Acibechería. Achegamos a tradición da súa formación e a modernidade da miña visión persoal do oficio confluíndo nunha ourivaría actual.

A transmisión dos coñecementos entre xeracións crea a ponte entre pasado e futuro.

Fotografía: Martiño Picallo
Fotografía: Martiño Picallo

O segundo valor exprésase na nosa fonte de inspiración á hora de crear, xa que radica principalmente na nosa cultura, raíz da nosa obra, aínda que tamén nos interesan fundamentalmente a arte, a literatura, a pintura e a música de todo o mundo.

A NOSA TRAXECTORIA

2020

Participamos en febreiro na exposición colectiva «Gaia II», xunto a 43 artistas galegas, no Colexio Oficial de Médicos da Coruña.

2020-2021

Formamos parte da mostra «Unha manda de pezas para Isaac», organizada por Alento Esbravexo polo centenario de Isaac Díaz Pardo, entre xullo de 2020 e abril de 2021.

2021

Debutamos como comisaria coa exposición «Lado: Unha saga de ourives composteláns», dedicada a Julio Lado, no Museo Casa do Cabido de Santiago, de xuño a setembro.

Fotografía: Xaime Cortizo

2022

Realizamos a nosa primeira mostra como ourive en outubro no Museo O Vello Cárcere de Lugo, organizada por Teresa Astorgano, Premio Artesanía de Galicia 2020.

2023

  • En marzo, as nosas pezas foron lucidas por Mónica de Nut e a compañía Duelirium na Gala Orixe Rías Baixas, celebrada no Auditorio Mar de Vigo, xunto ás creacións de Idoia Cuesta.
  • Obtivemos a Carta de Artesá nº 11693 e o recoñecemento de Taller Artesán nº 11457, concedidos pola Fundación Pública Artesanía de Galicia.
  • Organizamos a mesa de debate do VI Encontro do Programa Emprendemento Feminino (Woman Emprende) da Universidade de Santiago de Compostela, celebrada na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP).

2024

  • En setembro realizamos unha exhibición e coloquio de ourivaría na clausura das I Xornadas de Pratería e Acibechería Compostelás, organizadas pola Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación Iacobus e a Asociación Ourives de Compostela.
Fotografía: Martiño Picallo
  • En novembro recibimos unha Mención Especial na categoría de boas prácticas en innovación e comercialización cultural na III Edición dos Premios á Excelencia Empresarial.
  • Durante novembro e decembro participamos cunha serie de exhibicións no Museo das Peregrinacións e de Santiago, no marco da exposición «Manuel Dávila: A pegada do oficio na vida», en colaboración coa Fundación Pública Artesanía de Galicia e os Ourives de Compostela.
Fotografía: Martiño Picallo