PRODUTOS
colares

Fotografías: Rocío Cibes (1) e Martiño Picallo (2)
Esta alfaia está inspirada no poema no que Lorca expresou a súa fascinación por Compostela.
Madrigal á ciudá de Santiago.
Chove en Santiago,
meu doce amor.
Camelia branca do ar
brila entebrecida ô sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e de sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pol-a rúa,
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaído
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar,
Santiago, lonxe do sol.
Ágoa da mañán anterga
trema no meu corazón.
Seis poemas galegos.
Federico García Lorca
Publicado por primeira vez en
Santiago de Compostela, no 1935,
pola editorial Nós e prologado por
Eduardo Blanco Amor.
COLAR CHOIVA DE COMPOSTELA

BRAZALETES

Fotografías: Rocío Cibes
Homenaxe ó noso calzado da nenez na aldea.
BRAZALETE CULLER ZOCO
Homenaxe ó noso calzado da nenez na aldea.

Fotografías: Martiño Picallo (1-2) e Rocío Cibes (3)
A nosa homenaxe á obra cumio da literatura universal, reinventando unha culler de prata.
BRAZALETE CULLER DON QUIXOTE
A nosa homenaxe á obra cumio da literatura universal, reinventando unha culler de prata.

No centenario do nacemento de Chillida (1924-2025) interpretamos a obra ÓXIDO G-78 en clave de culler de prata transformada en brazalete.
BRAZALETE CULLER CHILLIDA
No centenario do nacemento de Chillida (1924-2025) interpretamos a obra ÓXIDO G-78 en clave de culler de prata transformada en brazalete.

Fotografías: Martiño Picallo
Árbore senlleira galega interpretada en brazalete orixinariamente culler de prata.
BRAZALETE CULLER CARBALLO
Árbore senlleira galega interpretada en brazalete orixinariamente culler de prata.

Fotografías: Rocío Cibes
Realizado no 2022, na conmemoración do centenario do descubrimento da tumba do faraón por Howard Carter.
Tesouro artístico único que comprende máis de cinco mil pezas e que pon de relevo a importancia das xoias na historia da humanidade.
BRAZALETE CULLER TUTANKAMÓN
Realizado no 2022, na conmemoración do centenario do descubrimento da tumba do faraón por Howard Carter.
Tesouro artístico único que comprende máis de cinco mil pezas e que pon de relevo a importancia das xoias na historia da humanidade.

Fotografías: Rocío Cibes
A música, unha das fontes de inspiración sempre presentes nas artes.
BRAZALETE CULLER MUSICAL
A música, unha das fontes de inspiración sempre presentes nas artes.

A revista Nova Galiza, no 1937, daba a coñecer en primicia o escudo de Castelao composto por unha serea de cabelo loiro que porta o escudo con estrela vermella de cinco puntas e un fouciño, coa lenda “denantes mortos que escravos”.
Inspirado na heráldica dunha das casas nobres máis importantes do país, a dos Mariño de Lobeira. Son numerosos os escudos que aparecen acompañados por unha serea, ata 33 diferentes foron recollidos por Castelao.
BRAZALETE CULLER SEREA DE CASTELAO

Aneis

Fotografías: Rocío Cibes (1) e Martiño Picallo (2-3)
A vacaloura, ou escornabois, é un dos insectos máis fascinantes e que máis pegada deixou na cultura popular galega. O macho da especie presenta dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco, de aí que sexa tamén coñecido coma Lucanus cervus.
Risco, Cabanillas ou Bouza Brey recolleron lendas sobre supostas propiedades sandables deste escaravello, e ata no Xabarín Club adicáronlle a canción “Carmiña Vacaloura”.
O seu futuro é incerto, polo alarmante descenso de exemplares a causa da destrucción dos bosques atlánticos. Está recoñecido coma especie en perigo de extinción.
ANEL VACALOURA

«Só se ve co corazón, o esencial é invisible aos ollos»
O Principiño
Antoine de Saint-Exupéry
ANEL PRINCIPIÑO
«Só se ve co corazón, o esencial é invisible aos ollos»
O Principiño
Antoine de Saint-Exupéry

Fotografía: Rocío Cibes
Unha flor ben fermosa e extendida por todo o país xa que precisa zonas húmidas e algo sombreadas para medrar, a pesares de ser unha especie invasora que procede de África.
ANEL CALA

Pendentes

Temos catalogadas até corenta especies de orquídeas silvestres en Galicia, fundamentalmente en O Courel e na serra ourensana de Enciña da Lastra, aínda que tamén presentes na costa: no areal de Baldaio e nas praias da contorna de Ferrol.
PENDENTES ORQUÍDEAS

Poucos obxectos tan composteláns como os paraugas merecían uns pendentes de prata.
PENDENTES PARAUGAS
Poucos obxectos tan composteláns como os paraugas merecían uns pendentes de prata.

Fotografía: Rocío Cibes
Unha flor ben fermosa e extendida por todo o país xa que precisa zonas húmidas e algo sombreadas para medrar, a pesares de ser unha especie invasora que procede de África.
PENDENTES CALAS
Unha flor ben fermosa e extendida por todo o país xa que precisa zonas húmidas e algo sombreadas para medrar, a pesares de ser unha especie invasora que procede de África.

Fotografías: Rocío Cibes
A nosa homenaxe ás culleres de prata tamén está presente nos pendentes.
PENDENTES CULLEIRIÑAS
A nosa homenaxe ás culleres de prata tamén está presente nos pendentes.
Xoias Singulares

Dende a culler do amor máis antiga do Museo Nacional de Gales, datada no 1667, pénsase que as lovespoons eran coidadosamente talladas en madeira polos namorados para as súas namoradas, coma agasallo de amor.
Interpretamos en prata unha culler do amor de madeira do Amgueddfa Cymru – National Museum Wales, na que se representan unha serpe e un lagarto.
CULLER DO AMOR

A máscara número 3 de Sargadelos, o carneiro, interpretada en colgante.
COLGANTE CARNEIRO
A máscara número 3 de Sargadelos, o carneiro, interpretada en colgante.

Fotografías: Rocío Cibes (1) e Mariño Picallo (2)
O Lucanus Cervus, ou vacaloura, ou escornabois é o escarabello máis grande de Europa e un dos insectos máis fascinantes que habitan os nosos bosques atlánticos.
ANEL - PULSEIRA VACALOURA