Acivro Xoias

Xoias exclusivas

Pezas artesanais das que só existe unha unidade: irrepetibles e excepcionais.

Fotografías: Rocío Cibes

         O acivro, símbolo da marca, é unha árbore autóctona dos bosques galegos de alto valor ecolóxico, fortemente vencellada á nosa paisaxe, presente en todo o país.

        Este colar foi creado con 4 culleres sopeiras e 2 de sobremesa, todas de prata, unicamente traballadas con lume e martelos na bigornia.

         Rematado en xaneiro do 2020 formou parte da exposición colectiva «Gaia II», en A Coruña, nese mesmo ano.

COLAR ACIVRO

Fotografías: Rocío Cibes (1) e Martiño Picallo (2-3-4)

         Reutilizamos un cullerón antigo de prata para recuperar e valorar o traballo artesán desa peza e convertila nunha xoia. A bolboreta pousada docemente sobre a flor coma emblema da importancia da natureza e a nosa obriga de preservala e coidala.

COLAR CULLERÓN BOLBORETA

Fotografías: Rocío Cibes (1) e Martiño Picallo (2-6)

         O Guernica, unha das maiores alegacións contra a barbarie da guerra, interpretado como colar ríxido a partir da recuperación dun cullerón de prata.

         Rematado a primeiros de abril do 2023, conmemorando o 50 aniversario do pasamento de Pablo Picasso.

COLAR GUERNICA

Fotografías: Rocío Cibes (1,3) e Martiño Picallo (2)

         Este colar de 50 culleiriñas de prata é unha homenaxe ás culleres de prata recuperadas ás que dotamos duna segunda vida coma xoias artesanais.

COLAR CULLEIRIÑAS

         Este colar de 50 culleiriñas de prata é unha homenaxe ás culleres de prata recuperadas ás que dotamos duna segunda vida coma xoias artesanais.

Fotografías: Martiño Picallo

         Alfaia moi especial que axunta dous oficios artesanais fortemente vinculados á historia de Compostela: a ourivaría e o bordado ao aire. A ourivaría presente no pentagrama de prata que reproduce unha melodía flamenca composta para guitarra polo músico vigués Tono Alcalde. O bordado ao aire, a técnica empregada para crear a pasamanería do traxe galego, conforma a outra parte do colar, con fíos negros de soutache e cristais de Bohemia.

Este bordado foi realizado pola artesá Zeltia Rodríguez Sedes.

Obra colaborativa.

COLAR PENTAGRAMA

Fotografías: Rocío Cibes (1) e Martiño Picallo (2)

         A nosa admiración pola obra de Velázquez e, concretamente, polo cadro As Meninas, reflectíuse neste brazalete, orixinariamente culler, inspirado nunha interpretación realizada por Sargadelos.

BRAZALETE CULLER MENINA

         A nosa admiración pola obra de Velázquez e, concretamente, polo cadro As Meninas, reflectíuse neste brazalete, orixinariamente culler, inspirado nunha interpretación realizada por Sargadelos.

Fotografías: Martiño Picallo

         A máscara número 3 de Sargadelos, o carneiro, levada a brazalete a partir dunha culler de prata.

         Esta foi a creación coa que participamos en «Unha manda de pezas para Isaac», a exposición adicada a Isaac Díaz Pardo, figura imprescindible da cultura galega, por mor da celebración do centenario do seu nacemento ( 1920 – 2020 ).

BRAZALETE CULLER CARNEIRO

Fotografía: Xaime Cortizo

         A vacaloura, ou escornabois, é un dos insectos máis fascinantes e que máis pegada deixou na cultura popular galega. O macho da especie presenta dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco, de aí que sexa tamén coñecido coma Lucanus Cervus.

         Risco, Cabanillas ou Bouza Brey recolleron lendas sobre supostas propiedades sandables deste escaravello, e ata no Xabarín Club adicáronlle a canción Carmiña Vacaloura.

      O seu futuro é incerto, polo alarmante descenso de exemplares a causa da destrucción dos bosques atlánticos. Está recoñecido coma especie en perigo de extinción.

BRAZALETE CULLER VACALOURA

       Esta peza foi o noso recoñecemento á  celebración dos 30 anos do Xabarín Club da TVGA, en abril do 2024. Un dos programas senlleiros da nosa mocidade que tanto sementou a nosa lingua, con series de animación e espazos de produción propia, ademais dunha intensa e variada actividade musical protagonizada pola práctica totalidade dos grupos e músicos do pop-rock galegos do momento.

         A figura do Xabarín, símbolo do programa, foi creación do gran pintor, historietista e animador galego Miguelanxo Prado.

BRAZALETE CULLER XABARÍN