Acivro Xoias

Acivro Xoias

Acivro Xoias nace da man de Chus Iglesias Prado, no corazón de Compostela, como un proxecto ilusionante de ourivaría contemporánea que xunta tradición e modernidade, cun eixo vertebrador que é o compromiso coa nosa cultura, a lingua e o territorio.

Elexín ser artesá por paixón e convicción, nese universo creativo de traballo lento, onde as ideas se materializan en xoias únicas, onde o tempo transcorre a ritmo de lume e segueta, de martelo e bigornia, nese retorno ás formas de traballo do pasado para crear as xoias do presente e do futuro.

Queremos poñer en valor un oficio tradicional cunha raizame moi forte na historia de Compostela.

Fotografía: Martiño Picallo

«Os que tentamos facer o mundo coas nosas mans»

Miguelanxo Prado.

Fotografía: Rocío Cibes

IDENTIDADE

XOIAS CON ALMA

Fotografía: Martiño Picallo

Os nosos valores fundamentais son manter viva a tradición da ourivaría compostelá e potenciar e difundir a cultura galega.

ACTUALIZAR A OURIVARÍA REINVENTANDO A TRADICIÓN

Fotografía: Rocío Cibes
Fotografía: Rocío Cibes

TODAS AS PEZAS AGOCHAN UNHA HISTORIA

XOIAS CON VOCACIÓN DE ETERNIDADE

Fotografía: Martiño Picallo

A tradición tamén é modernidade.

Fotografía: Martiño Picallo

VOLTA Á ORIXE CON FORMAS DE USO RESPONSABLES

As nosas pezas acompañan na vida á persoa que as porta

A artesanía é compromiso